domingo, 4 de junio de 2017

Recycling on the Camino. Pilgrims interviews.

O Camiño de Santiago é un dos patrimonios naturais e culturais máis importantes de Palas de Rei por iso é fundamental que todos coñezamos a importancia da reciclaxe dos residuous durante ese percorrido.
Dúas alumnas de 2º ESO, Leticia e Sandra, participaron nunha actividade na que como auténticas periodistas realizaron unhas entrevistas en inglés sobre a reciclaxe no Camiño de Santiago.
O obxectivo da actividade é a interación nun contexto real utilizando o inglés como lingua de comunicación.
Nas fotos podedes observar que varios peregrinos procedentes de diferentes países aceptaron contestar as preguntas das  alumnas.
Noraboa a Sandra e Leticia pola súa participación!

How many plastics are there? Description and recyclability

TABLE - RECYCLING PLASTICS

sábado, 3 de junio de 2017

Uso dos recursos desde o inicio da humanidade


Desde a aparición dos homínidos neste planeta, os recursos naturais víronse afectados. Os nosos  antepasados empregábanos para a súa supervivencia, pero o exceso do seu uso aumentou hai uns séculos atrás, coa Revolución Industrial.

Este incremento debeuse a que non só se utilizaban para a nosa supervivencia, senón que tamén se empezaron a usar para crear cousas para o noso goce. Este proceso deu lugar ao que hoxe chamamos consumismo, que consiste en comprar obxectos que en realidade non necesitamos. O ritmo foi aumentando co paso do tempo e con el tamén se incrementou o uso dos recursos.

O problema de consumir os recursos a un ritmo moi elevado é que o planeta non os dá rexenerado a esa velocidade, o que xa está causando catástrofes no presente e as pode causar nun futuro próximo.

jueves, 1 de junio de 2017

Dende nenos, non recibimos unha axeitada formación medioambiental. Poderás pensar que non é certo, xa que cada vez hai máis campañas para promover a reciclaxe e o uso axeitado dos desperdicios que xeramos. Aínda así, desde o meu punto de vista seguen sendo insuficientes e inefectivos.
Humildemente e coa miña experiencia persoal a cuestión da reciclaxe debe ser abordada e levada a cabo polas nosas xeracións, por nós mesmos, os rapaces e rapazas máis instruídos de toda a historia (pode parecer esaxerado, pero é así) nós somos os que debemos comezar a aplicar os coñecementos que nos levan inculcando dende nenos, que a miúdo esquecemos a semana de que nolos digan, para poder conservar o noso entorno. Ademais nos debemos ser quen lles ensinemos aos nosos filllos o que é coidar o que temos, non por estética ou hixiene... senón para poder seguir tendo un mundo onde vivir.

Pablo López Carnero
"Un ignorante"

rota do roxan 1º da ESO


REDACCIÓN ALUMNOS 1º DA  ESO
Os alumnos e alumnas de 1º Eso deste Ies acordamos ir recoller o lixo que atopemos no Rego de Roxán. Así que, o 27, o pasado xoves, as dez e cuarto, máis ou menos baixamos ao ximnasio para que o noso profesor nos dera unha pequena charla e no ensinase os mapas para viramos por onde iamos, Tras esta pequena charla salimos do centro e sacamos unha foto…...
…….A actividade consistía en recoller todo o lixo que a xente tirou.  Con bolsas recicladas e guantes nas máns, limpamos o camiño de plásticos e de cartóns. Levabamos cámaras  e fixemoslles fotografias a toda a basura que atopamos, entre ela unha moto…

...Meus compañeiros dicían que estaba moi limpo, pero a verdade e que no levamos unha boa sorpresa xa que había de todo, especialmente na zona de facer os exercicios, pero  a maior sorpresa foi que na beira do río encontramos unha moto que parecía que xa levaba alí un bon tempo….

….STOP A CONTAMINACIÓN….
...Recollimos moita caca, atopamos unha moto a mi me parece que lo que  tiraron eso son mui guarros por tirarlo. Pero los peregrinos no hacían señales diciéndonos okei, veri good, fuimos mui generosos….








Reciclaxe e biodiversidade

A reciclaxe pode ser moi efectiva e decisica na vida do planeta.A alteración dos ecosistemas naturales debido a factores humanos,produce un gran impacto sobre a terra.

Un xeito de frear a perda de biodiversidade é reciclando. Evitando que os residuos que xeramos sexan vertidos directamente ó medio.Así, non ensucian nin contaminan o hábitat natural no que  viven moitas especies de seres vivos. Reciclando os residuos minimizamos a extracción de materias primas da natureza que fan que se vexa afectado o medio do que se extraen as mesmas.
"pequenos-grandes" atentados medioambientais en Palas de Rei

miércoles, 31 de mayo de 2017

Destrucción Medio Ambiente





A DEFORESTACIÓN E O PROBLEMA DA PLANTACIÓN DE EUCALIPTOS
Alba Vizcaíno e Estela Vizcaíno fixemos un traballo sobre este tema xa que nos parece un tema moi interesante e que está afectando actualmente na sociedade.

Traballo sobre a Deforestación 



Actividades negativas para o medio natural.

Todas as persoas dende o meu punto de vista deberían coñecer ou ter algunha idea de como coidar o medio ou polo menos non danalo ou destruílo. A continuación menciono algunhas accións que prexudican o medio natural.
  • Industrias nas que se crean produtos de refugallo que son expulsados ao medio. Estes refugos son uns grandes contaminantes do medio.
  • Outra acción típica é o abuso do petróleo, por exemplo, os medios de trasporte contaminan moito ao usar este carburante
  • Tamén o simple feito de tirar lixo a rúa, contamina.
  • Algúns concellos como o noso, non no centro urbano senón nas aldeas, teñen un servizo de recollida do lixo que é un verdadeiro desastre.
  • Usar fertilizantes químicos ou insecticidas contamina auga e terreos. 
Aitor Varela Cea, Alumno de 1ºBAC IES do Camiño (Palas de Rei).

lunes, 29 de mayo de 2017

RECICLAR É VIDA.

Estritamente, a reciclaxe é un proceso cuxo obxetivo é converter os refugallos en novos produtos ou materiais para a súa posterior utilización. Pero por qué é tan bo reciclar?

A resposta está nos incribles resultados que conleva facelo. Por exemplo, sabías que con tan só reciclar unha botella de plástico afórrase a enerxía suficiente para manter acendida unha bombilla durante 6 horas? Que reciclando 1 tonelada de papel sálvanse 17 árbores e afórranse 21000 litros de auga? Ou mesmo que reciclando un envase de vidro afórrase o 82% da enerxía necesaria para fritir un ovo.
Coa reciclaxe contribuimos á diminución da contaminación, ao aforro de enerxía e recursos naturais, alongamos a vida útil dos produtos, reducimos a emisión de gases á atmosfera... Pero o máis importante e claro exemplo de que a sociedade debería asumir a reciclaxe é o feito de que esta non é un invento do ser humano para sacar proveito, senón que a reciclaxe está e estivo sempre na natureza. Está presente no ciclo de vida de árbores, bacterias... Incluso cando os dinosauros desapareceron da Terra, hai uns 65 millóns de anos, a natureza "reciclounos" e formou grandes bolsas de gas e petróleo, tan importante para nós na actualidade. Tamén os primeiros "vertedeiros" xurdiron hai 2500 millóns de anos e hai uns 400 anos xa o ser humano reciclaba certo lixo para elaborar utensilios.

A reciclaxe rodéanos e é parte de nós. Axuda ao planeta e axuda ao ser humano porque...
                                                         
                                                                                                 RECICLAR É VIDA


A reciclaxe en números

Hai 4500 millóns de anos que se formou a Terra. 700 millóns de anos despois, hai 3800 millóns de anos, aparecen as primeiras formas de vida. Pasaron varios millóns de anos ata que apareceron os primeiros homínidos. Dende ese punto, o ser humano comezou a consumir recursos que lle proporcionaba a natureza.

Foi no momento da industrialización cando comezaron a consumir e explotar recursos sen parar, e así ata os nosos días.

Levamos consumindo recursos que nos proporciona a Terra dende os nosos inicios pero, que pasaría se se chegasen a esgotar?

Din que a natureza é unha fonte de recursos inesgotable, pero iso non é certo se consumimos os recursos á maior velocidade do que a natureza os pode rexenerar.

Debemos ser conscientes e actuar con cabeza á hora de explotar eses recursos, xa que algún día se poden esgotar.

sábado, 27 de mayo de 2017

MEDIO AMBIENTE


O medio ambiente fixemos o traballo estas tres alumnas de 4ºA:

Rocío Bruzos Rouco , Tamara Costa García e María Freire Fernández. Fixemos este traballo por que nos parece un tema importante sobre o que falar, xa que cos nosos actos estamos destruindo o noso planeta.  

viernes, 26 de mayo de 2017

                                                         ACEITE DE PALMA
Este traballo foi elaborado polos alumnos de 4º ESO Nicolás Sánchez e Noel Gómez co propósito de concienciar á sociedade de que o uso do aceite de palma é perxudicial para a saúde e para o medio.

viernes, 19 de mayo de 2017

CONTAMINACIÓN POR METAIS PESADOS

CANCRO DE PEL


SE QUERES TER FILLOS, NON LEAS ESTE ARTIGO.





Pode parecer algo absurdo, pero na nosa vida diaria existen ao redor de 300 substancias tóxicas que entran en contacto connosco, e que se acumulan no noso sangue.

Según un estudio realizado polo centro de investigación de Barcelona (IMIM) e médicos do hospital del Mar de esta mesma cidade; determinaron que a contaminación do aire amenaza ou dificulta a perpetuación da especie. Xa que a polución no aire reduce a fertilidade e incrementa o risco de abortos.

Polo que repecta a afectación nas mulleres, reduce a taxa de fertilidade e aumenta o risco de aborto. Ademais, pódense dar casos tanto en mulleres fértiles como mulleres que recurren a técnicas de reproducción in vitro.

Resultado de imagen de mujer embarazada


Nos homes, a contaminación afecta aos seus espermatozoides en canto a número, movilidade e a súa deformidade.

Resultado de imagen de espermatozoide afectado por la contaminacion

            VS






As principales causas son :

1. Contaminación do aire, en concreto tres gases:

DIÓXIDO DE SULFURO:
procedente dos combustibles fósiles.
DIÓXIDO DE NITRÓGENO:
combustión a altas temperaturas.
MONÓXIDO DE CARBONO:
procedente dos combustibles fósiles.

Nos casos, nos que a muller ou homes son xóvenes, os óvulos e os espermatozoides son capaces de rexenerarse.

Ademais da afectación por parte dos gases aéreos, na nosa vida cotidiana estamos en continuo contacto con outros materiais que afectan a nosa fertilidade.


Bisfenol-A. Encóntranse en motios plásticos alimenticios, latas e incluso nalgús biberóns e chupetes.

Resultado de imagen de bisfenol a

Retardantes de la llama. Atópanse en texidos e ordenadores.

Resultado de imagen de retardantes de llama

Acrilamidas. Provén da combustión do tabaco e da cocción de carbohidratos. Causando ademais de infertilidade: problemas nerviosos e irritación.
Resultado de imagen de acrilamidas

Cadmio. Encóntrase na natureza e utilizase en bacterias, plásticos e pigmentos. Tamén se pode atopar no tabaco.

Resultado de imagen de cadmio

Como dato curioso, hoxe en día todavía se atopan restos do fertilizante DDT prohibido en España hai máis de 40 anos na nosa cadena alimenticia, sendo o organismo incapaz de excretalo.

Resultado de imagen de ddt fertilizante


Todos estes gases a pesares de ser perxudiciales nas nosas vidas, víronse reducidos exponencialmente nas nosa vidas grazas a actuación de leis nacionais que regularizaron a súa presenza en todo tipo de materiais.

En concreto a taxa de infertilidade española é do 17 por cento, e aumentando. Aínda así todos estes argumentos non son o suficientemente fortes como para amedrentarse e non ter fillos, estes datos débennos servir para darnos de conta da perigosidade de todo o que nos rodea, e non tomalas a lixeira.

SILVIA VIÑA ESPIÑEIRA
PABLO LÓPEZ CARNERO
1ºBAC