A resposta está nos incribles resultados que conleva facelo. Por exemplo, sabías que con tan só reciclar unha botella de plástico afórrase a enerxía suficiente para manter acendida unha bombilla durante 6 horas? Que reciclando 1 tonelada de papel sálvanse 17 árbores e afórranse 21000 litros de auga? Ou mesmo que reciclando un envase de vidro afórrase o 82% da enerxía necesaria para fritir un ovo.
Coa reciclaxe contribuimos á diminución da contaminación, ao aforro de enerxía e recursos naturais, alongamos a vida útil dos produtos, reducimos a emisión de gases á atmosfera... Pero o máis importante e claro exemplo de que a sociedade debería asumir a reciclaxe é o feito de que esta non é un invento do ser humano para sacar proveito, senón que a reciclaxe está e estivo sempre na natureza. Está presente no ciclo de vida de árbores, bacterias... Incluso cando os dinosauros desapareceron da Terra, hai uns 65 millóns de anos, a natureza "reciclounos" e formou grandes bolsas de gas e petróleo, tan importante para nós na actualidade. Tamén os primeiros "vertedeiros" xurdiron hai 2500 millóns de anos e hai uns 400 anos xa o ser humano reciclaba certo lixo para elaborar utensilios.
A reciclaxe rodéanos e é parte de nós. Axuda ao planeta e axuda ao ser humano porque...
RECICLAR É VIDA
No hay comentarios:
Publicar un comentario