Actividades negativas para o medio natural.
Todas as persoas dende o meu punto de vista deberían coñecer ou ter algunha idea de como coidar o medio ou polo menos non danalo ou destruílo. A continuación menciono algunhas accións que prexudican o medio natural.
- Industrias nas que se crean produtos de refugallo que son expulsados ao medio. Estes refugos son uns grandes contaminantes do medio.
- Outra acción típica é o abuso do petróleo, por exemplo, os medios de trasporte contaminan moito ao usar este carburante
- Tamén o simple feito de tirar lixo a rúa, contamina.
- Algúns concellos como o noso, non no centro urbano senón nas aldeas, teñen un servizo de recollida do lixo que é un verdadeiro desastre.
- Usar fertilizantes químicos ou insecticidas contamina auga e terreos.
Aitor Varela Cea, Alumno de 1ºBAC IES do Camiño (Palas de Rei).
No hay comentarios:
Publicar un comentario