Hai 4500 millóns de anos que se formou a Terra. 700 millóns de anos despois, hai 3800 millóns de anos, aparecen as primeiras formas de vida. Pasaron varios millóns de anos ata que apareceron os primeiros homínidos. Dende ese punto, o ser humano comezou a consumir recursos que lle proporcionaba a natureza.
Foi no momento da industrialización cando comezaron a consumir e explotar recursos sen parar, e así ata os nosos días.
Levamos consumindo recursos que nos proporciona a Terra dende os nosos inicios pero, que pasaría se se chegasen a esgotar?
Din que a natureza é unha fonte de recursos inesgotable, pero iso non é certo se consumimos os recursos á maior velocidade do que a natureza os pode rexenerar.
Debemos ser conscientes e actuar con cabeza á hora de explotar eses recursos, xa que algún día se poden esgotar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario