jueves, 1 de junio de 2017

Dende nenos, non recibimos unha axeitada formación medioambiental. Poderás pensar que non é certo, xa que cada vez hai máis campañas para promover a reciclaxe e o uso axeitado dos desperdicios que xeramos. Aínda así, desde o meu punto de vista seguen sendo insuficientes e inefectivos.
Humildemente e coa miña experiencia persoal a cuestión da reciclaxe debe ser abordada e levada a cabo polas nosas xeracións, por nós mesmos, os rapaces e rapazas máis instruídos de toda a historia (pode parecer esaxerado, pero é así) nós somos os que debemos comezar a aplicar os coñecementos que nos levan inculcando dende nenos, que a miúdo esquecemos a semana de que nolos digan, para poder conservar o noso entorno. Ademais nos debemos ser quen lles ensinemos aos nosos filllos o que é coidar o que temos, non por estética ou hixiene... senón para poder seguir tendo un mundo onde vivir.

Pablo López Carnero
"Un ignorante"

No hay comentarios:

Publicar un comentario