Uso dos recursos desde o inicio da humanidade
Desde a aparición dos homínidos neste planeta, os recursos naturais víronse afectados. Os nosos antepasados empregábanos para a súa supervivencia, pero o exceso do seu uso aumentou hai uns séculos atrás, coa Revolución Industrial.
Este incremento debeuse a que non só se utilizaban para a nosa supervivencia, senón que tamén se empezaron a usar para crear cousas para o noso goce. Este proceso deu lugar ao que hoxe chamamos consumismo, que consiste en comprar obxectos que en realidade non necesitamos. O ritmo foi aumentando co paso do tempo e con el tamén se incrementou o uso dos recursos.
O problema de consumir os recursos a un ritmo moi elevado é que o planeta non os dá rexenerado a esa velocidade, o que xa está causando catástrofes no presente e as pode causar nun futuro próximo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario