domingo, 4 de junio de 2017

Recycling on the Camino. Pilgrims interviews.

O Camiño de Santiago é un dos patrimonios naturais e culturais máis importantes de Palas de Rei por iso é fundamental que todos coñezamos a importancia da reciclaxe dos residuous durante ese percorrido.
Dúas alumnas de 2º ESO, Leticia e Sandra, participaron nunha actividade na que como auténticas periodistas realizaron unhas entrevistas en inglés sobre a reciclaxe no Camiño de Santiago.
O obxectivo da actividade é a interación nun contexto real utilizando o inglés como lingua de comunicación.
Nas fotos podedes observar que varios peregrinos procedentes de diferentes países aceptaron contestar as preguntas das  alumnas.
Noraboa a Sandra e Leticia pola súa participación!

How many plastics are there? Description and recyclability

TABLE - RECYCLING PLASTICS

sábado, 3 de junio de 2017

Uso dos recursos desde o inicio da humanidade


Desde a aparición dos homínidos neste planeta, os recursos naturais víronse afectados. Os nosos  antepasados empregábanos para a súa supervivencia, pero o exceso do seu uso aumentou hai uns séculos atrás, coa Revolución Industrial.

Este incremento debeuse a que non só se utilizaban para a nosa supervivencia, senón que tamén se empezaron a usar para crear cousas para o noso goce. Este proceso deu lugar ao que hoxe chamamos consumismo, que consiste en comprar obxectos que en realidade non necesitamos. O ritmo foi aumentando co paso do tempo e con el tamén se incrementou o uso dos recursos.

O problema de consumir os recursos a un ritmo moi elevado é que o planeta non os dá rexenerado a esa velocidade, o que xa está causando catástrofes no presente e as pode causar nun futuro próximo.

jueves, 1 de junio de 2017

Dende nenos, non recibimos unha axeitada formación medioambiental. Poderás pensar que non é certo, xa que cada vez hai máis campañas para promover a reciclaxe e o uso axeitado dos desperdicios que xeramos. Aínda así, desde o meu punto de vista seguen sendo insuficientes e inefectivos.
Humildemente e coa miña experiencia persoal a cuestión da reciclaxe debe ser abordada e levada a cabo polas nosas xeracións, por nós mesmos, os rapaces e rapazas máis instruídos de toda a historia (pode parecer esaxerado, pero é así) nós somos os que debemos comezar a aplicar os coñecementos que nos levan inculcando dende nenos, que a miúdo esquecemos a semana de que nolos digan, para poder conservar o noso entorno. Ademais nos debemos ser quen lles ensinemos aos nosos filllos o que é coidar o que temos, non por estética ou hixiene... senón para poder seguir tendo un mundo onde vivir.

Pablo López Carnero
"Un ignorante"

rota do roxan 1º da ESO


REDACCIÓN ALUMNOS 1º DA  ESO
Os alumnos e alumnas de 1º Eso deste Ies acordamos ir recoller o lixo que atopemos no Rego de Roxán. Así que, o 27, o pasado xoves, as dez e cuarto, máis ou menos baixamos ao ximnasio para que o noso profesor nos dera unha pequena charla e no ensinase os mapas para viramos por onde iamos, Tras esta pequena charla salimos do centro e sacamos unha foto…...
…….A actividade consistía en recoller todo o lixo que a xente tirou.  Con bolsas recicladas e guantes nas máns, limpamos o camiño de plásticos e de cartóns. Levabamos cámaras  e fixemoslles fotografias a toda a basura que atopamos, entre ela unha moto…

...Meus compañeiros dicían que estaba moi limpo, pero a verdade e que no levamos unha boa sorpresa xa que había de todo, especialmente na zona de facer os exercicios, pero  a maior sorpresa foi que na beira do río encontramos unha moto que parecía que xa levaba alí un bon tempo….

….STOP A CONTAMINACIÓN….
...Recollimos moita caca, atopamos unha moto a mi me parece que lo que  tiraron eso son mui guarros por tirarlo. Pero los peregrinos no hacían señales diciéndonos okei, veri good, fuimos mui generosos….